Desde o pitido inicial as mariñás levaron o control dun choque complicado ante un rival en pelexa polos postos coperos pero o bo facer do Burela Pescados Rubén impediu calquera atisbo de sorpresa. Gaby abriu o marcador cun potente disparo tras un saque de falta. Co 0-1 o Burela sentiuse aínda máis cómodo na pista rioxana e plasmou o seu dominio co 0-2, outra vez logrado por Gaby que tras baixar un saque longo de Jozi bateu con clase a Yarie. Sen respiro para as locais chegou o 0-3, obra de Tainã, resultado merecido co que se chegou ao descanso.
Na continuación a escuadra dirixida por Iván Cao ampliou a súa renda por mediación de Shiori (0-4) deixando tocada a nave rioxana que buscou reaccionar alternando o xogo de cinco. Nun minuto recortou distancias o Rioxa con goles de Jess e Eva Ortega, desde o punto de penalti, pero a súa reacción quedou nun espellismo xa que Peque marcou o 2-5 desde media pista executando a sentenza definitiva. Ata o final as locais buscaron meterse no partido pero a boa defensa laranxa impediu calquera sorpresa e o Burela Pescados Rubén conquistou tres valiosos puntos ante o equipo rioxano.
Ficha técnica
Rioja FSF: Yarie, Bea Martín, Silvia, Carmen, Eva Ortega –cinco inicial- Jess, Lara, Natalia Peche.
Burela Pescados Rubén: Jozi, Peque, Maite, Bea Mateos, Shiori –cinco inicial- Gaby, Claudia, Tainã.
Goles: 0-1, m.7, Gaby; 0-2, m.11, Gaby; 0-3, m.13, Tainã; 0-4, m.22, Shiori; 1-4, m.29, Jess; 2-4, m.30, Eva Ortega (pen.); 2-5, m.33, Peque.
Árbitros: Óscar Crespo y Luis Vallejo. Amosaron cartón amarelo a Gaby e Jozi do Burela Pescados Rubén.
Incidencias: Partido correspondente a la xornada 22 de Primeira División RFEF disputado no Palacio dos Deportes de Logroño que contou con la presenza de unhos 50 afeccionados laranxas.