Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro manifesta o seu apoio ás traballadoras e traballadores de Vestas e amosa o seu rexeitamento aos ERE impostos pola empresa

Viveiro, 19 de marzo 2015. O BNG de Viveiro, solicita esta mañá mediante escrito no rexistro do Concello de Viveiro a convocatoria dun pleno extraordinario que terá como obxectivo amosar publicamente, o apoio da Corporación ás traballadoras e traballadores de Vestas, así como o rexeitamento das veciñas e veciños de Viveiro, ao ERE imposto pola empresa”.

O Portavoz Municipal e Candidato á Alcaldía de Viveiro, Bernardo Fraga, declarou este xoves que “rexeitamos plenamente os dous ERE impostos aos traballadores de Vestas pola empresa”, “esta decisión supón un duro golpe para a economía de moitas familias de Viveiro, e non pode ser aceptado baixo ningún concepto”. Os nacionalistas expresaron o seu apoio ás traballadoras e traballadores de Vestas, e instaron á empresa a retirar a súa proposta de ERE e manter os postos de traballo, nunha fábrica, que sempre contou co favor das veciñas e veciños de Viveiro, para a súa continuidade no noso municipio.

Exit mobile version