O grupo de montaña do Club Deportivo “Marqués de Casariego” de Tapia organiza o vindeiro sábado 28 de marzo unha ruta ó Alto da Marta, Pico Panchón e Pola de Allande. A saída está prevista para as 07.00 horas. Os interesados poden inscribirse ata o xoves 26 de marzo nos teléfonos 689 175 515, 659 000 707 ou 608 540 828 ou do enderezo electrónico cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es por un prezo de 12 euros ou 5 no caso dos socios e 3 no dos socios colaboradores. A comida, de forma opcional, realizarase no Restaurante La Allandesa. O menú de 16 euros inclúe pudin de morcilla, pote de berzas con compango, repolo recheo, costela de porco ó forno, sobremesa, pan, auga, viño, café e chupito.
Nova ruta do CD Marqués de Casariego
Nova ruta do CD Marqués de Casariego
Relacionado
-
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, participou este xoves en Fitur na presentación da nova campaña de promoción turística da Mancomunidade de Municipios da Mariña e que leva como lema ‘A Mariña latexa contigo’
-
Os deputados do Grupo Provincial Popular participan nunha nova edición de Fitur, na que apoian a difusión e promoción da imaxe dos 67 concellos da provincia
-
Os talleres terapéuticos de Cervo, que se imparten cada venres, impartiron un de mosaicos