Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariñás, mariñaos e profesionais da saúde reciben cun escrache á conselleira de Sanidade no Hospital da Costa

Dende CIG Saúde vemos como se recorta persoal sanitario, como se derivan probas e pacientes a outros hospitais fora da comarca, como se perden prazas de persoal sanitario nos centros de saúde nos que aumentan as listas de espera, como a comarca perde autonomía de xestión para ser dirixida a 100 kms. de distancia por persoas que non entenden nin comparten as características propias da Mariña, que obrigan a seguir contando cun hospital coas características e servizos dun hospital xeral e non comarcal como pretenden desde a actual dirección provincial.

O sindicato nacionalista comparte a demanda de derrogar o decreto de xestión integrada provincial e reclama a creación dunha área de xestión integrada propia para a Mariña, reclama un cambio nas políticas de recortes en materia sanitaria para evitar o colapso dos servizos en asistencia primaria e especializada e demanda que a administración deixe de alimentar con fondos públicos a sanidade privada en detrimento do sistema público.

Exit mobile version