O III Festival Atlántica agasallou cunha homenaxe nun acto celebrado no Museo do Pobo Galego este xoves 19 de marzo de 2015 (véspera do Día da Narración Oral e do Día Internacional da Felicidade) á web Galicia Encantada. Interviron no acto Xacobe Rodríguez (de Pavís Pavós), Avelino González, Ángeles Goás, Charo Pita e Rafael Quintía. Entregou a caracola ou cornamusa, obra de Marcelo Skapinachis, Soledad Felloza, directora do Festival, e recibiuna en nome de “Galicia Encantada”, Antonio Reigosa.