No curso de Atención Sociosanitaria participaron 14 alumnos (12 mulleres e 2 homes). Desenvolveuse dende o 11 de agosto ao 15 de decembro pasados, e tivo dúas partes, unha práctica e outra teórica:
-A teórica desenvolveuse na Aula de Formación do Concello, en horario de 16:00 a 21:00 horas.
-En canto á práctica, realizouse na Residencia de Maiores San Bartolomé de Xove, na Residencia Geriatros de Viveiro e na Residencia ao Enfermo Mental de Cervo.
Dentro das actividades paralelas organizadas, os alumnos/as recibiron dúas charlas, unha sobre manipulación de alimentos e outra sobre axudas técnicas. Tamén se realizaron varias visitas didácticas ao exterior, a: Residencia Geriatros de Viveiro, Residencia San Bartolo de Xove, Centro de Día Aloumiños de Foz e Centro Asistencial San Pablo e San Lázaro de Mondoñedo.
O alcalde, na súa presentación, comunicou que varias das persoas que fixeron o Curso xa estaban a traballar no ámbito da atencións sociosanitaria, e ás restantes, animounas a seguir buscando emprego neste sector.