Penso que este refrán transmite unha verdade como a catedral de Mondoñedo, é de boa persoa dar as grazas, agradecer. Hoxe en día é bastante raro atopar persoas que agradezan algo, o que sexa, que se sintan agradecidas. Máis ben ocorre o contrario, que nos pensamos que imos sobrados de educación e que non fai falta gastar enerxía en algo tan trival como transmitir agradecemento. O ser agradecido ten moito que ver coa educación, pero non entendida como instrución, senón como algo inherente a nós, algo máis xenético e hereditario. Hai persoas humildes e con poucos coñecementos que poden ser os máis agradecidos do mundo, e ao revés, hainos de moi bo berce e bos xeitos de cara á galería, pero que logo son uns altivos que non contemplan a verba grazas no seu vocabulario, porque pensan que o favor recibido é unha obrigación a eles debida. Non hai nada que me rebele máis que a mala educación das persoas, e a miña indignación cara aos maleducados é directamente proporcional ao nivel social e cultural que estes ocupan. É evidente, e constátase desde fai tempo, que estamos ante unha crise de valores. Palabras tan normais como por favor e grazas están caendo en desuso, ata tal punto, que cando escoitas a alguén pronuncialas parece un pouco marciano. Penso que unha das claves para ser e mostrarse agradecido é a humildad, o ser consciente de que un non é o ombligo do mundo, senón simplemente un máis.
Os Aventados voltaron, un ano mais a mostrar o agradecemento publico a unha gabela de mariñans que por os seus merecementos son dignos de destacar, agradecer e recordar para xeneracions futuras.
A Asociación cultural o Mundo da Galea entregouselle este ano o Ardelle o eixo que destaca o bo facer da mesma que ademais de actividades culturales a o largo da sua existencia tamen nomea e agradece a destacadas persoas nomeandoas Cabaleiros e Señoras de Pardo de Cela e de doña Ines de castro.
O nomeamento de “A toda unha vida” recaeu no musico Arcadio Mon Garcia que ata fai pouco tempo foi o director da Escola de Musica de Foz da cal foi o fundador e tamen director da banda de musica focense.
Fixeron onten os aventados unha mención especial “As mulleres mariñans despedidas do seu traballo por mor da crise económica, pola mala xestion dos nosos políticos ou dos empresarios” personalizaron este feito nas deceas de mulleres que despis de varios “Eres” foron despedidas na fabrica de porcelana Sargadelos de Cervo.
Desde fai varios anos Os Aventados destacan a establecementos comerciais e de hosteleria da bisbarra por a sua calidade e bo facer nos ámbitos respectivos. Este ano foron o Restaurante CarlosV de Viveiro “Pola variedade e calidade dos seus productos, relación calidade precio e esmerado servicio do seu persoal”.
A Confiteria Vale de Viveiro e Burela tamen foi destacada por a calidade dos seus elaborados, trayectoria e servicio.
A Casa Damián de Foz, “Con tan soio dous anos de existencia soubo situarse dentro dos mellares restaurantes de A Mariña , pola sua cociña, producto e atención o cliente, e ademais por saber trasformar un establecento comercial en un autentico museo de o emporio Damián e o pasado histórico-empresarial de Foz.
Non todo e positivo en estés galardóns o Ardelle o Carro de este ano que simbolizaron en un porco con alas adicaronllo a o Ministerio de fomento e a conselleria respectiva pòr a marxinacion de ditos organismos cos vias de comunicación de A Mariña.
E por as promesas manidas e incumplidas dende que foi ministro do ramo Calvo Sotelo ata os nosos dias, T da Costa, desvio da autovia do Cantabrico para levala por Vilalva, a via rapida de San Ciprian-Ferrol empezada fai 8 anos e que ainda non ten inagurada nin un metro cadrado da mesma, a situación da carreteera da costa que mais parece unha corredoira que outra cousa, accesos o porto de Burela, tren, circumbalacoon de Viveiro, praia de Covas, Porto de Foz e un interminable etc Entregouselles un “Porco comn alas” como símbolo de a mentira que teñen nas suas promesas igual de certas que un porco volando.
Otero Regal.