O pasado xoves, día 12, o programa Parolando da Radio Burela emitiu un coloquio sobre o controvertido tema da materia de Relixión dos centros educativos e a súa cualificación nas notas. Asistiron moitos implicados: Suso (cura párroco de Burela), Karina (Vicedirectora do instituto Perdouro de Burela) e os profesores de Relixión Simón (do Monte Castelo de Burela), Marta (en Vegadeo), Clemente (en Castropol), Miguel (en Monterroso) e Sofía (en Ribadeo). Os profesores de Relixión comentaron as súas inquedanzas e plantearon os seus puntos de vista sobre a importancia da educación relixiosa no currículo dos alumnos. Propuxéronse durante o coloquio posturas favorables e contrarias á presenza da Relixión nos centros escolares, pero tamén se recoñeceu o bo traballo que están a facer os profesores de Relixión nos seus centros.