Ata o 18 de marzo segue nos tres restaurantes do porto ribadense (San Miguel, Marinero e La Solana) a terceira edición da súa “Quincena del Mar”. Cada restaurante elaborou unha carta especial para estas xornadas e en todas elas hai racións degustación a 6 euros, preparacións de peixes desde 17 euros e un menú con tres entrantes, prato principal, sobremesa e bodega por 30 euros. O viño recomendado é Marieta, da bodega Martín Codax. Os cociñeiros e propietarios dos tres establecementos hostaleiros animan “a ribadenses e visitantes a achegarse ao porto estes días a gozar das propostas que lles preparamos”.