As Segundas Interparroquiais de Alfoz desenvolveranse no vindeiro mes de abril seguindo o seguinte calendario:
SÁBADO, 11 DE ABRIL, 19,00 horas: No Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar a Proba Cultural.
SÁBADO, 18 DE ABRIL, 17,00 horas: No Pavillón Municipal terá lugar a proba de Fútbol Sala.
SÁBADO, 25 DE ABRIL, 18,00 horas: No Pavillón Municipal ou na Casa da Cultura (dependendo do número de asistentes e doutros aspectos técnicos) terá lugar a Proba Artística.
SÁBADO, 2 DE MAIO, 19,00 horas: No Pavillón Municipal terán lugar os Xogos Populares. Este día farase entrega tamén das medallas as tres parroquias campioas, así como dos tres premios concedidos polo Concello de Alfoz na I Ruta das Tapas de Alfoz.
Xa existen capitáns nas diversas parroquias que están xa preparando as seleccións parroquiais para participar nas diversas probas. Se alguén non dá contactado con estes capitáns e quere participar nas Olimpíadas, pode facelo contactando por medio do correo electrónico peinoster@gmail.com ou ben por medio do teléfono 619 389 997, chamando ou enviando SMS ou whatsapp. Os que se apunten terán que indicar nome e apelidos, idade, proba na que queren participar e parroquia á que pertencen, así como o seu número de teléfono para poñerse en contacto con eles.
As inscricións nas Olimpíadas terán que facerse antes do 31 de marzo.
Como novidade, este ano farase coincidir coas Olimpíadas a Primeira Ruta das Tapas de Alfoz.