A librería Bahía acolle a proxección do documental PORQUE NON CANTAMOS TODAS da directora Diana Toucedo e o coloquio co seu productor Berte Román. Será este sábado 14 a partir das 20.00 horas. Este traballo mostra un grupo de mulleres da aldea de Zobra na serra do Candán e a sua relación coa música no transcurso das suas vidas. A música como ponte entre dous momentos, o pasado e o presente. A música como memoria, experiencia e convivio. O traballo pretende mostrar o papel das mulleres na transmisión da música tradicional e os contextos onde esta música estaba presente. O documentario constrúe así unha narrativa colectiva sobre a música na vida destas mulleres do rural galego.