O Centro Comarcal de Mondoñedo acollerá o vindeiro mércores 18 de marzo, ás 20.00 horas, unha xornada sobre a vespa velutina. Nesta charla explicarase como comportarse ante a presenza da vespa, a súa vixilancia e control e tamén haberá unha demostración da elaboración de trampas. O acto, de entrada libre, está organizado polo Sindicato Labrego Galego, Asociación Galega de Apicultura e o Concello de Mondoñedo.