Site icon Crónica3.com A Mariña

Centro Comercial Histórico de Viveiro xa ten gañador do sorteo do Día do Pai

Viveiro, 23 de marzo de 2015.- A Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro xa ten gañador do sorteo de 2 entradas para o Gran Premio de Cataluña de Moto GP, en Montmeló, con motivo da celebración da campaña do Día do Pai.

O agraciado é Pablo Esteban Fernández, que resultou premiado cun ticket de compra da Librería Porta da Vila.
O premio entregaráselle este mércores ás 17:00 horas nas oficinas da Asociación, e poderá desfrutar das entradas o 13 e 14 de xuño, o premio tamén inclúe viaxe e aloxamento.

Foron numerosas as persoas que se achegaron este sábado a depositar os seus tickets de compra na carpa instalada na Praza Maior, a urna estaba prácticamente completa de tickets, e o que nos trasmitían os clientes que se achegaban ata alí é que os premios que se están a regalar nestas últimas campañas teñén moito tirón entre a xente. Outra campaña máis que desde a Asociación valoran moi positivamente pola acollida que tivo entre o público.

Exit mobile version