A Xunta Directiva da Hermandad de las Siete Palabras convoca unha Asemblea Xeral e reunión de levadores dos pasos, que terá lugar no local da Xunta de Cofradías, nos Claustros de San Francisco, este venres 20 de marzo ás 20.00 horas, en primeira convocatoria, e ás 20.30 horas, en segunda. A orde do día recolle a lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior, o estado das contas, as actividades e proxectos realizados, os proxectos para o 2016, a reserva de traxes e fachóns, levadores e rogos e preguntas. Tamén se aproveitará para presentar e bendicir do novo estandarte que acompañará ó paso da Nosa Señora do Camiño da Luz, conmemorativo do décimo aniversario do “Vía Lucis”.