Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación financia con 50.000 euros o servizo de mellora e mantemento de 34 portais de Concellos da provincia

A xunta de goberno da Deputación Provincial acordou, entre outros asuntos, contratar con 50.000 euros o servizo de mellora e mantemento dos portais web da Deputación e de 34 Concellos da provincia que se puxeron en marcha a través do Innova-TE, o programa tecnolóxico do organismo provincial. Trátanse dos 34 municipios adheridos voluntariamente ao Innova-TE que quixeron esta prestación e a Deputación lles creou gratis aos fondos europeos.

Estes son os seguintes: A Pastoriza, A Pontenova, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Cervantes, Chantada, Guitiriz, O Incio, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Paradela, Páramo, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra do Brollón, Pol, Quiroga, Rábade, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Taboada e Triacastela.

Exit mobile version