O Ribadeo sumou un punto no Municipal de Foz no encontro ante o Bergantiños correspondente á vixésimo terceira xornada. Os celestes disputaron este encontro na localidade veciña por unha nova inundación no Pepe Barrera despois do aprazamento de dous encontros polo mesmo motivo no que vai de temporada.
Co punto logrado, os de Germán Campos suman 31 -a nove da zona dos play off- e colócanse no medio da táboa por riba dos Bergantiños -décimo cuarto con 29 puntos-.
Foi durante a primeira parte cando Ekedi adiantaba ós coruñeses; pero a 4 minutos do final do primeiro tempo, Brais anotaba o gol do empate.
Trala volta dos vestiarios, o encontro rematou co 1-1 no marcador e o reparto de puntos para ambos conxuntos.
A vindeira xornada o Ribadeo recibe ó Órdes, sétimo na táboa despois desta xornada.