Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación as varias preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno en relación ás familias desaloxadas das súas vivendas do Celeiriño.
Por unha banda, recorda que “pasaron xa sete anos e a problemática de varios dos veciños de O Celeiriño sigue sin resolverse, aínda hai familias que foron desaloxadas das súas vivendas e que non teñen volto a elas”.
Nese sentido, considera que “quizás vostede considere que isto é unha boa e rápida xestión, pero lamentablemente para os veciños, para o erario municipal e para nosoutros foi, e é, un desastre”.
“Dado o tempo transcurrido e comprobando que este asunto non está pechado é polo que preguntamos canto supuxo para as arcas municipais, desglosado por anualidades, o gasto ocasionado polos realoxos dos veciños desde que se desmoronou o barrio ata o día de hoxe”. Os populares queren coñecer, así mesmo, en qué situación se encontra a reclamación xudicial realizada polo Concello e que seguemento se está realizando da mesma. Tamén se interesan por coñecer cantos e quén son os propietarios que están fora das súas casas na actualidade; ademais das mensualidades que están sen satisfacer por parte municipal ós desaloxados na actualidade e a que partida presupuestaria se aplican estes pagos. Igualmente, agardan que o equipo de goberno responda sobre o informe favorable de intervención ó pago de alquileres a estes propietarios desaloxados; e, finalmente, “ata cando teñen previsto que continúe esta situación”.