Site icon Crónica3.com A Mariña

O Depor B golea ó Ribadeo FC (5-0)

O Ribadeo FC caeu na Coruña ante o Depor B que recupera a segunda posición na táboa da Terceira. Os herculinos lograron marcar ata en 5 ocasións; aínda que non foi ata a segunda metade cando aumentaron a intesidade e comezaron a facer dano ós celestes.

Nos primeiros minutos de partido xa marcaba Cardoso o 1-0, pero coa volta dos vestiarios e a entrada de Queijeiro, os branquiazuais aumentaban a vantaxe no marcador. Tras unha xogada persoal de Dani Iglesias, Cardoso volvía marcar para os locais e, xa nos minutos finais, Dani Iglesias aumentaba o marcador con outros dous tantos.

Con estes resultados, os de Germán Campos e Manolo Vilachá caen ata o décimo quinto posto da táboa. A vindeira xornada reciben ó cuarto clasificado, o Ribadumia, e na vixésimo sétima viaxarán a Sanxenxo onde deberán medirse a un rival que suma, neste momento, un punto máis que os ribadenses, 32.

Exit mobile version