Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela felicita ó IES Perdouro por gañar ‘O galego na onda’ na súa segunda fase

Burela, 23 de febreiro de 2015. O Concello felicita ao IES Perdouro, que ven de gañar o primeiro premio do concurso O galego na onda na súa segunda fase. Foi organizado pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta, en colaboración con varios Concellos galegos.

Os obradoiros da Rede de Dinamización Lingüística chegaron a Burela e a outras localidades de Galicia o pasado mes de outubro. Estaban dirixidos a mozos e mozas con idades entre os 12 e os 16 anos e que participasen e gañasen a fase local do concurso de cuñas radiofónicas para promover o galego que se celebrou a pasada primavera, no mes das Letras Galegas.

Os asistentes aprenderon sobre comunicación radiofónica en galego, elaboraron un programa de radio e tiveron ocasión de mellorar a cuña coa que gañaron a fase local do concurso O galego na onda para participaren na autonómica, cuxos vencedores interveñen co coñecido xornalista Kiko Novoa nun programa da Radio Galega.

O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Cultura, Mónica Pedre, felicitan “aos gañadores deste concurso polo seu traballo e esforzo e polo seu compromiso coa lingua galega” e anímanos “a seguir nesta liña”.

Na organización da primeira fase do concurso, que tivo lugar o ano pasado, participou activamente o Concello. As gañadoras, Elena Valle e Macarena Ledo, recibiron entón como premio a participación nun obradoiro de radio impartido na emisora municipal.

Exit mobile version