O Burela FS Pescados Rubén recuperou a senda triunfal este sábado, no debú de Lucas no banco, levando o derbi galego a domicilio fronte ao Cidade das Burgas (2-3). As laranxas armáronse de intensidade e implicación para marcar os tempos do partido en todo momento.
As mariñás saltaron á pista para levar a voz cantante, sendo donas das ocasións e non permitindo o avance do rival, con ocasións só xeradas por perdas burelistas. Gaby anotou o 0-1 xa no minuto 4, desde saque de banda, pero a ansiedade por ampliar distancias xogaba na súa contra con certos desaxustes. Penalizadas pola acumulación de faltas, as laranxas víronse obrigadas a mitigar o seu ímpeto para non correr demasiados perigos. Precisamente a igualada chegou no minuto 18 cun dobre penalti de Iria.
Na segunda parte, as locais aproveitaron para adiantarse a balón parado, coa firma de Lucía Nespereira no minuto 28. A vantaxe das ourensás incidiu no ánimo das pupilas de Lucas, que enseguida se recompuxeron para volver tomar as rendas da cita; empataron superado o ecuador do segundo período con Shiori desde cerca da área asistida por Maite e Gaby no 33 entendeuse á perfección con Peque en contraataque para materializar o 2-3. As faltas volveron condicionar ao Pescados Rubén na súa lectura do duelo. Co Burela xa con cinco faltas, as locais dispuxeron de ata tres dobres penaltis, que non lograron materializar ante Jozi.
Ficha técnica
Cidade das Burgas FS: Ana, Vanessa, Lucía Nespereira, Sonia Pacios, cinco inicial; tambén xogaron Iria, María Arias, Candea.
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Claudia, Shiori, cinco inicial; tamén xogaron Maite, Bea Mateos, Taina, Kiko, Lara.
Goles: 0-1, minuto 4, Gaby; 1-1, minuto 18, Iria; 1-2, minuto 28, Lucía; 2-2, minuto 31, Shio; 2-3, minuto 33, Gaby.
Tarxetas: Por Cidade das Burgas amarelas a Figo (19), Iria (25), Sonia (30). Por Burela FS amarela a Kiko (35) e dobre amarela a Gaby (6 e 39).