Neste inverno o SLG organiza un novo curso de fruticultura cos mesmos obxectivos dos últimos anos: aprender a traballar coas árbores froiteiras e, ó tempo, recuperar e poñer en valor as variedades locais tradicionais.
Esta acción formativa vai dirixida a persoas ocupadas, a non ser do sector público, e persoas desempregadas demandantes de emprego.
As datas previstas para a realización do curso son os días 21 e 28 de febreiro e 7 e 14 de marzo. As aulas teóricas van ter lugar na sede do Sindicato Labrego Galego en Lourenzá.
Os temas tratar van ser as labores propias do inverno: trasplante, poda, enxerto de púa, etc.
Quedan por cubrir as últimas prazas, polo que as persoas que estean interesadas deben inscribirse o máis axiña posible. Os interesados poden obter máis información no 630 970 132 e no blog http://froitadamarinha.blogspot.com.es/2014/12/curso-de-fruticultura-labores-de-inverno.html.