O vindeiro 28 de marzo de 2015 celébrase o Mercado Tradicional Anual de Primavera do Valadouro que contará con numerosa actividade polas rúas de Ferreira. Este mercado pretende recuperar, ó igual que se facía antaño, os postos de venda ambulante que tiñamos por aquel entón. Por este motivo, ábrese un prazo de inscrición ata o vindeiro 13 de marzo de 2015 ás 20.00 horas e poderán inscribirse todo tipo de artesáns, produtores de horta e do campo, ferreiros, zoqueiros, cesteiros, … chamando ó teléfono 982 57 15 16 ou nas oficinas da casa da cultura do concello de O Valadouro. Así como tamén con motivo do Mercado Anual, se vai celebrar un taller de decoración de zocas (totalmente de balde) o sábado 7 e o domingo 8 de 17.00 a 19.00 horas previa inscrición chamando ó teléfono 982 57 15 16 ou nas oficinas da casa da cultura do concello do Valadouro.
Mercado anual de primavera do Valadouro, o 28 de marzo
Mercado anual de primavera do Valadouro, o 28 de marzo
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro