Site icon Crónica3.com A Mariña

Dende Burela e Lourenzá farán a ruta do Vento

O vindeiro sábado 7 de febreiro a Asociación Pasada das Cabras de Burela, en combinación coa Asociación Terras de Lourenzá, realizarán a ruta do Vento en Trabada de 11,5 quilómetros e dificultade baixa. O prezo será de 20 euros para os socios e de 25 para os que non o son e inclúe autobús máis comida. A saída terá lugar ás 09.00 dende a Estación de Autobuses de Burela. Recoméndase levar botas e bastón. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves 5 de febreiro ás 20.00 horas.

Exit mobile version