O Ribadeo rompeu no Pepe Barrera ante o Ribadumia unha racha de 6 partidos sen coñecer a vitoria.
Os dous goles de Criss déronlle ós celestes a primeira vitoria neste 2015. O primeiro chegaba no minuto 14 tras un rexeite. Con ese resultado chegábase ó descanso e, xa na segunda metade, Criss volvía a ver porta.
Sylla recortaría distancias para os visitantes que perderon posto de play-off con esta derrota en Ribadeo; a pesar de que “apretaron moito ó final”, segundo recoñecía o adestrador mariñán, Germán Campos.
Os celestes colócanse agora décimo terceiros da táboa con 34 puntos e un partido aprazado ante o Cerceda que se disputará este mércores 25 de febreiro no Pepe Barrera.