Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúan os “Sábados Bailongos” en Xove

Os Sábados Bailongos, que na súa primeira parte desenvolvéronse dende finais de novembro ata finais de xaneiro deste ano, terán continuidade ata finais de marzo.

Serán un total de 7 bailes que comezarán este sábado 7 de febreiro co DÚO SESIÓN; para continuar co Dúo Merengue o sábao 21, o Dúo Eclipse o 28 de febreiro e, xa en marzo, o día 7, 14, 21 e 28 cos dúos Savoi, Diamantes, Sesión e Epo-K, respectivamente.

O Concello está moi satisfeito de cómo se están a desenvolver, sobre todo pola resposta do público, tanto de Xove como de fóra.

En total van ser 16 SÁBADOS BAILONGOS, cuxa organización e financiamento corre totalmente a cargo do Concello de Xove.

O seu lugar de celebración seguirá sendo o Salón de Actos do Centro Cívico, local que cremos especialmente axeitado para este tipo de actos dado que se trata dun espazo amplo, cunha boa acústica para este tipo de música e cálido para xente. A entrada ós bailes, a partir das 21.30 horas de cada sábado, é de carácter totalmente libre e gratuíto.

Exit mobile version