Site icon Crónica3.com A Mariña

Coa cea de coroación da Raíña comezan os actos do Entroido 2015 en Foz que se estenderán ata o 20 deste mes

cea-antroido-fozFoz, 2 de febreiro de 2015. Coa cea baile de coroación da raíña do Entroido, celebrada o pasado sábado no pavillón do colexio Martínez Otero, comezaron os actos do Entroido de Foz 2015, que se desenvolverán ata o día 20 deste mes.

A seguinte actividade programada é a cea baile de comadres que terá lugar na Sala Bahía o día 12 deste mes, xoves, a partir das 21.30 horas. Na xornada seguinte celebrarase o pregón do Entroido, que correra a cargo do grupo Pernas do Centiño, o concurso de coplas e unha macrobatukada.

O sábado 14 será o día grande do Entroido focense co desfile, no que se repartirán 7.000 euros en premios, chocolatada no Campo da Cabana e despois baile na Sala Bahía coas orquestras Marbella e Jerusalén. O domingo 15 e o martes 17 haberá bailes infantís, mentres que o Baile do Farolillo será o luns 16.

Os actos do Entroido 2015 organizados polo Concello de Foz rematarán o venres 20 coa Queima do Entroido.

Exit mobile version