Site icon Crónica3.com A Mariña

Cea-baile de irmandade en Viveiro con motivo do Día Internacional da Muller

Con motivo da conmemoración do “Día Internacional da Muller” (8 de marzo), o Centro de Información ás Mulleres e a Delegación Municipal de Muller do Concello de Viveiro organizan, continuando coa tradición de anos pasados, a XII cea-baile de irmandade para todas as mulleres que este ano se celebrará o sábado 7 de marzo de 2015 no Restaurante Louzao (Area-Viveiro).

O menú, cun prezo de 35 € por persoa, estará composto por:
• Mariscada do Cantábrico
• Sorbete
• Carne
• Sobremesa
• Viño branco e tinto
• Café

A velada estará amenizada por un grupo musical.

As mulleres interesadas poderán retirar a súa tarxeta no Restaurante Louzao de Area a partir do 21 de febreiro e ata o 5 de marzo de 2015.

Para calquera información dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres (982 55 04 21 – 982 56 21 49) ou ao restaurante “Louzao” (982 55 06 42 – 982 55 10 42).

Exit mobile version