Site icon Crónica3.com A Mariña

Blanco apoiará a proposta da comisión de pesca para excluír o xeito da prohibición de redes de deriva

O eurodeputado socialista José Blanco intervirá este martes na Comisión de Pesca para apoiar a proposta elaborada pola ponente socialista para excluír ó xeito da prohibición das redes de deriva.

A Comisión de Pesca debaterá na sesión o informe elaborado pola ponente socialista, Renata Briano, sobre o regulamento de prohibición da pesca con redes de deriva.

Desta forma, e grazas ao traballo desenvolvido polo Grupo Socialista, o xeito quedará excluído ao limitar o informe a prohibición ás redes de máis de 2.500 metros, fronte ao máximo de mil metros das redes utilizadas pola arte tradicional galego.

Blanco considera que tanto a Comisión de Pesca do Parlamento Europeo como o novo comisario europeo de Pesca, Karmenu Vella, mostraron sensibilidade para evitar unha prohibición “de xeito evidente excesiva por canto que afectaba a unha arte tradicional respetuoso co medio ambiente”.

O eurodeputado socialista volveu a lamentar que no trámite de consulta pública “España non presentase ningunha alegación nin observación”, tal e como a Comisión ratificou nunha resposta a unha pregunta parlamentaria do propio deputado. “Pero en todo caso iso non pode ser unha razón para *penalizar a un sector e a unha arte respetuoso co medio e esa será a posición que defenderá a Comisión de Pesca para permitir que os mariñeiros sigan podendo pescar con esta arte, como fan desde tempos inmemoriais”.

Exit mobile version