Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos do IES Perdouro, seleccionados no concurso de creación de Educación Sen Fronteiras

O concurso de creación de Educación Sen Fronteiras/EDUCO chega ó seu remate. O seu obxectivo era traballar a través do vídeo e o audio as actitudes de tolerancia e respecto á diversidade cultural entre a comunidade educativa e xuvenil; con nenos, pícaras e adolescentes de idades comprendidas entre os 10 e 17 anos.

O resultado do concurso é unha serie de vídeos e audios realizados en escolas e entidades de toda España que combaten mitos, estereotipos, rumores e prexuízos sobre a diversidade cultural.

Os 15 traballos realizados por centros educativos e asociacións pódense atopar no blog https://videointercultural.wordpress.com/ onde se pode votar -máis dunha vez a máis dun traballo por categoría; pero só unha vez dende cada ordenador- desde o luns 2 ata o luns 9 de febreiro para elixir ós gañadores das 4 categorías:

– Audiovisual(10-11 anos)

– Podcast (10-11 anos)

– Audiovisual (12-17 anos)

Podcast (12-17 anos).

Os alumnos do IES Perdouro que teñen participado e foron seleccionados na categoría “Podcast (12-17 anos)” aseguran que “a existencia dunha entidade que fomente a Educación sen fronteiras é para nós un grande premio! Porque nos estimulan, porque nos fornece moitos e moi variados materiais didácticos e, sobre todo, porque é un referente para o noso día a día”. Por iso, agradecen “a inciativa de convocar o concurso de creación para combater mitos, estereotipos, rumores e preconceptos sobre a diversidade cultural”.

Exit mobile version