Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de solicitude de prazas para o vindeiro curso na escola infantil de Burela

Burela, 23 de febreiro de 2015. A Concellería de Servizos Sociais de Burela informa que desde mañá, martes, e ata o 23 de marzo estará aberto o prazo para a solicitude de prazas para o curso 2015/2016 na escola infantil de Burela, dependente do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar.

Segundo informan desde a dirección do centro “para entregar a documentación haberá que pedir cita previa no teléfono da escola 982 58 12 28”. As familias interesadas poden obter os formularios para facer as inscricións en www.escolasinfantisdegalicia.es ou en www.igualdadebenestar.org.

Exit mobile version