Site icon Crónica3.com A Mariña

A empresa “Neumáticos del Eo” recolle tapóns de plástico para axudar a un neno de 8 anos con parálise cerebral

Barres, 16 de febrero de 2015.- A empresa Neumáticos del Eo, ubicada no polígono industrial de Barres (Castropol) acaba de poñer en marcha unha campaña de recollida de tapóns de plástico para recaudar fondos destinados a un neno de 8 años de idade, veciño de Santiago de Compostela, afectado por una grave enfermidade.

O propietario de Neumáticos del Eo, Efrén Pérez Quintana, deu a coñecer este luns que a iniciativa solidaria “consiste nunha recollida de tapóns para un pequeno grande amigo que temos. Chámase José Manuel e naceu con parálise cerebral, o que o ata a unha cadeira de rodas. Xa lle realizaron varias operacións e diferentes tipos de rehabilitación. Ten que someterse a outra intervención dentro duns meses e estamos recopilando tapóns de plástico para poder aliviar o gasto da rehabilitación, porque se conseguiu o diñeiro para operalo pero hai dificultades para o postoperatorio e a rehabilitación”.

Efrén Pérez engadiu que hai máis información sobre este caso no blog http://renteaomaresecamiño.com/josemanuel/, “onde se explica a súa andadura desde que naceu con parálisis cerebral ata hoxe, que, grazas a Deus, xa pode camiñar só aínda que con dificultades. Con el volcouse moita xente: Panorama, os medios de comunicación tanto a nivel local como autonómico, … Fixéronse varias campañas, ceas benéficas, etcétera, para recaudar fondos co obxectivo de facerlle a vida mellor a este pobre neno. Para nós a mellor forma de axudarle é recollendo tapóns e facéndollos chegar para canxealos por diñeiro”.

O propietario de Neumáticos del Eo explicou que “en principio habilitamos un punto de recollida de tapóns no taller, pero non se descarta recolectalos tamén noutros lugares da zona do Occidente de Asturias e da Mariña lucense”.

Exit mobile version