A Deputación dota gratis aos Concellos de novas prestacións tecnolóxicas e xurídicas para facilitar o desenvolvemento da súa actividade. A través do CooperaTIC, iniciativa do InnovaTE, o organismo provincial ofrece aos 49 municipios incluídos en dito programa europeo a adquisición e instalación dun novo sistema software, a elixir polas entidades locais, por un valor máximo de 10.000 euros. Dende a área de Cooperación e Asistencia ós Concellos, a institución ofrece aos 67 municipios o acceso a unha completa base de datos xurídicos, aforrándolles os 4.000 euros que suporía a cada entidade a súa compra.
Módulos de interoperabilidade ca factura electrónica; aplicacións de contabilidade ou de xestión administrativa; ferramentas de deseño, de xestión de redes sociais ou comunicación; programas de seguridade e antivirus; solucións de almacenamento na nube…son algúns exemplos dos servizos que poden solicitar os Concellos co CooperaTIC. Máis información chamando ao 982 260 110/982 260 105/ 982 260 135, ou no enderezo electrónico innovate@deputalucionlugo.com. A institución luguesa reforza deste xeito as prestacións tecnolóxicas aos municipios, posto que xa os dotou de sede electrónica, páxinas web, sistemas operativos, paquetes ofimáticos, novo equipamento, etc. Todo isto a custe cero e a través do InnovaTE, o programa tecnolóxico cofinanciado nun 80% pola Unión Europea.
Servizos en liñas para os Concellos
A Deputación pon a disposición de todos os Concellos lugueses unha completa base de datos xurídicos, na que poden consultar toda a lexislación debidamente actualidade ou a colección da xurisprudencia existente. Coas claves correspondentes, que deben solicitar ao organismo provincial, poden acceder á mesma dende www.deputacionlugo.gal, concretamente, na área de Cooperación e Asistencia aos Concellos, onde atoparán o link “Servizos en liñas para os Concellos”. Trátase dun portal web onde, ademais de dita base de datos xurídicos, os municipios contan con servizos de asistencia en materia económica-financeira, urbanística, recursos humanos, contratación ou medio ambiente. Dende este espazo, os Concellos teñen a oportunidade de facer consultas individuais. De feito, a Deputación atende ao ano unha media de 2.400 consultas municipais.