Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa do Concello de Lourenzá acolle unha charla sobre os perigos da internet e como navegar seguros pola rede

Lourenzá, 23 de febreiro de 2015. O salón de actos da Casa do Concello acollerá este martes 24 de febreiro ás 20.30 horas unha charla informativa sobre os perigos de internet e como navegar seguros pola rede. Correrá a cargo do dinamizador TIC Javier Reigosa.

A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, anunciou que “dentro do ciclo de charlas que organiza o Concello todos os meses teremos unha conferencia no salón de actos da Casa do Concello. Leva por título Perigos de internet: “Navega segur@” e o poñente será Javier Reigosa, dinamizador TIC”.

Emma Álvarez agarda que “esta charla sexa de interese tanto para a xente nova como para a xente maior, xa que cada vez é máis a que navega por internet e consideramos que é moi importante que saiban qué perigos se poden atopar”.

Exit mobile version