A Asociación de veciños do burgo de Trasbar convoca o II CERTAME DE NARRACIÓN con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, de acordo coas seguintes bases:
1.- As narracións deberán estar escritas en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación: UN DÍA NA ALDEA.
2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cun sobre pechado onde figuren os seus datos persoais (nome, dirección data de nacemento e un teléfono de contacto).
3.- Establécense tres categorías:
A) Infantil: ata 12 anos
B) Xuvenil: de 13 a 18 anos
C) Adulto: maiores de 18 anos
4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o venres, día 08 de maio, debendo ser remitidos á seguinte dirección: Asociación de veciños do burgo de Trasbar, Local Social, Corral Grande, s/n, 27888 Trasbar, Cervo.
5.- O xurado seleccionará un traballo gañador por cada categoría.
6.- O fallo do xurado farase público o 17 de maio.
7.- Os autores premiados recibirán un premio valorado en 100 €, acorde á súa categoría. Os premios entregaranse o domingo, día 17 de maio, no local social de Trasbar.