Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de “cucadas” en Xove

“Cucar” é o peor que lle pode pasar a un xogador de bolos. “Cúcase” cando a bola na tirada inicial non chega á Línea do 10, polo cal esa tirada xa non ten posibilidade de desquite e son CERO PUNTOS. Pois ben, despois dunha tirada no Cruceiro con tanteos espectaculares e con varios récords batidos, chegamos a esta decimocuarta tirada de Xove tamén con récords batidos, pero neste caso negativos. Hai moitos anos que non recordamos uns tanteos tan baixos; por dar un dato comparativo: o décimo clasificado na tirada Senior do Cruceiro conseguiu 297 tantos, e nesta de Xove tan só 50. Isto ten unha explicación: un campo blando, moi enlamado, fixo que fosen numerosísimas as cucadas nas tres categorías.

Liga Sénior Masculina
Nova vitoria de Rafael González, que leva unhas últimas tiradas excelentes que lle permiten pórse en cabeza da clasificación con 11 puntos, abrindo unha pequena brecha de 7 con Arturo Vigo.

A falla de 4 tiradas por disputar (A Vara, Vilachá, Morás e Sumoas), Rafa pode encarar este final de temporada con bastante tranquilidade; mentres que Arturo, nun novo traspés, podería quedar fóra da loita polo título.

E se para as dúas primeiras posicións temos dous candidatos, para o terceiro lugar do podio hai atasco. Ata un total de 7 xogadores teñen posibilidades, especialmente Álex Meitín e Francisco Pérez, ambos con 74 puntos.

Liga Sénior Feminina
Tremenda a igualdade que se mantén na categoría coas tres primeiras clasificadas copando os tres primeiros postos da tirada. Máxima igualdade entre Belén Meitín (59 puntos), Carmen Roca (56 puntos) e Salomé Cardoso (56 puntos). Tal e como están a xogar, o máis seguro, se ningunha comete un fallo clamoroso, é que a súa ubicación no podio se decida na última tirada. Polo tanto, emoción ata o final nesta categoría.

Liga Sub 16
Despois de tres tiradas regulares, Daniel Alonso volveu a demostrar a súa categoría. A vitoria e a mellor bolada asegúranlle practicamente o título; xa que, incluso, podería proclamarse matemáticamente campión na vindeira tirada de A Vara. Sabendo que non lle fai ningunha gracia perder, tenta competir sempre ó máximo nivel.

Se a de cal foi para Daniel, a de area foi para o segundo clasificado. Miguel López xogou mal, con desgana, e así, está claro, non se poden obter bos resultados. Vóase en falla un pouco máis de garra nel, xa que por condicións físicas cremos que pode ser un gran xogador de futuro.

Se a primeira e a segunda posición están practicamente decididas, para a terceira temos unha interesante loita entre Julia López e Hugo Pérez, que polo momento se resolve a favor da primeira con 27 puntos no seu haber, por 24 de Hugo. Seguramente a emoción nesta categoría vai estar en quen dos dous se fai con esa 3ª praza que queda por decidir.

A vindeira tirada vaise celebrar CENTRO SOCIAL DE A VARA, o vindeiro sábado, 7 DE FEBREIRO DE 2015.

CAMPIONATO DE BOLOS DO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE    (31 XANEIRO 2015)

 31   INSCRITOS:  16  NA LIGA SÉNIOR,    6  NA LIGA SUB 16,   9 NA LIGA FEMININA

CLASIFICACIÓN                NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SÉNIOR

PRIMEIRO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

202

12

SEGUNDO LUIS RANCAÑO BOUSO

187

10

TERCEIRO C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA

131

8

CUARTO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ

128

7

QUINTO ALEX MEITÍN SERANTES

122

6

SEXTO ARTURO VIGO CASABELLA

111

5

SÉTIMO JOSE VIGO LAGE

83

4

OITAVO JAVIER GONZÁLEZ PÉREZ

63

3

NOVENO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

59

2

DÉCIMO JORDI MEITÍN SERANTES

50

1

MELLOR BOLADA ALEX MEITÍN SERANTES

72

1

LIGA SUB 16

PRIMEIRO DANIEL ALONSO LÓPEZ

123

6

SEGUNDO JAVIER ALONSO LÓPEZ

81

4

TERCEIRO HUGO PÉREZ MEITÍN

63

3

CUARTO JULIA LÓPEZ FORMOSO

51

2

QUINTO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

30

1

MELLOR BOLADA DANIEL ALONSO LÓPEZ

47

1

LIGA FEMININA

PRIMEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

49

6

SEGUNDO BELÉN MEITÍN ROUCO

42

4

TERCEIRO CARMEN ROCA CORRAL

33

3

CUARTO PAULA CAMPO SUÁREZ

27

2

QUINTO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

21

1

MELLOR BOLADA BELÉN MEITÍN ROUCO

24

1

Exit mobile version