O técnico ofreceu información teórica e demostración práctica dos produtos que eles fabrican: ferramentas para limar, fresar, amolar, pulir e cortar.
Despois dunha presentación técnica das ferramentas coas súas propiedades, características e modo de emprego na aula, realizaron no taller de mecanizado unha demostración práctica de mecanizado por abrasión en aceiro e aluminio, desde o material en bruto ata o acabado pulido brillante e pulido mate.
Esta práctica vén realizándose desde hai varios anos e resulta de gran interere tanto para alumnos como para profesores.