Site icon Crónica3.com A Mariña

Sixto reúnese co presidente do CN de Foz e o Patrón Maior da Confrarí

sixto-marO candidato de “Foz, Plataforma de Futuro”, Luis Alfonso Sixto, e membros da plataforma veciñal reuníronse este venres co presidente do C.N de Foz, Luis Fernández; e o Patrón Maior da Confraría, José Juan Lestegás; para coñecer a fondo as deficiencias que presenta o sector naútico focense.

Como xa é sabido, a entrada ao porto presenta un estado lamentable e témese que non aguante “máis de seis meses en óptimas condicións para que poidan entrar ben os barcos”.

“É de imperiosa necesidade dragar o canal de entrada, ademais das dúas dársenas”.

A maiores, tratáronse diversos aspectos como son paliar a entrada de area no porto pesqueiro coa a realización de traballos na zona exterior da dársena cara os Fondás, a idoneidade dunha estación de bombeo, a ampliación de prazas de amarre as cales contan cunha moi importante demanda, ou o arreglo das cámaras do porto que non funcionan.

Ademais estudiaremos as posibilidades de que os terreos do porto ata os estaleiros pasen a ser de propiedade do pobo.

Seguiremos tendo reunións periódicas coas forzas vivas da naútica focense para apoialos no que necesiten, o noso compromiso está con eles.

“Foz, Plataforma de Futuro” considera que o sector naútico de Foz foi utilizado como instrumento político para gañar unhas eleccións e logo abandonado á súa sorte.

Imos desterrar a política do engaño, os veciños de Foz merecen algo máis que un conselleiro co seu séquito de políticos servos presentando un proxecto que nunca se realizará, cada seis meses.

Imos crear un novo modelo de política de igual a igual, para que Foz se volva a gobernar dende Foz, sen sectarismos e sen servilismo políticos remunerados.

“Seguimos traballando con humildade para modernizar Foz. Isto é imparable”.

Exit mobile version