Por todos é coñecida a situación ruinosa e lamentable na que se atopa unhas das principais rúas do noso Concello: estamos a falar da rúa Álvaro Cunqueiro que se atopa nun punto no que non caben máis parches nin remendos, a única solución razoable e digna que nós vemos é que se aglomere completamente de novo, de forma que os usuarios da mesma poidan circular por ela sen temor a estragar os seus vehículos, todo isto ademais sen esquecer que non debemos permitir que as persoas que veñan a Foz se vaian con esta imaxe tan lamentable das nosas rúas.
Ao mesmo tempo a estrada que vai dende a parroquia de Nois ata a parroquia de Cordido pasando pola de Cangas atópase nun estado certamente lamentable, presentando tramos con abundantes fochancas, dificultando enormemente a circulación segura de vehículos. O estado das cunetas desta vía non se atopan en mellores condicións xa que están cubertas de terra e maleza provocando nos días de choiva que a auga pase dun lado a outro da estrada invadindo totalmente a mesma.
Por todo isto, os concelleiros independentes do Concello de Foz pediremos o voto favorable de toda a corporación para instar á Deputación Provincial a que repara e faga un mantemento axeitado nestas rúas.