Foz 16/01/2015.- Os socialistas continúan coa presentación do seu candidato á alcaldía de Foz, Jaime Cancio, a través dunha serie de Charlas cos veciños e veciñas
Este sábado día 17 de xaneiro na parroquia de Vilaronte ás 19.00 horas no Centro Social “O Castro” celebrarase unha Charla Informativa e o domingo 18 a charla será no lugar de Marzán, no Centro Social, ás 18.00 horas.
Previo as charlas informativas haberá unha xuntanza coa asociación de veciños co fin de escoitar aos representantes dos veciños e coñecer in situ os problemas concretos de cada parroquia, barrio ou lugar. Para, partindo destas demandas, construír propostas solventes que reflictan os cambios que se teñen que producir no noso concello e que permitan á cidadanía visibilizar a alternativa do PSOE fronte ás actuais políticas do PP.
Estas charlas son un proceso participativo que pon o centro de atención no cidadán, onde a opinión dos asistentes, as súas ideas, reflexións, inquedanzas son o mais importante.