Ferreira, 20 de xaneiro de 2014. O hotel Vila do Val, situado en Ferreira do Valadouro, prepara xa a celebración de San Valentín para o próximo mes de febreiro. O establecemento ofrece aos seus clientes a posibilidade de gozar dun menú especial para namorados, o sábado 14, por 29 euros acode. E ademais, oferta unha promoción exclusiva que inclúe a cea de San Valentín, o aloxamento e o almorzo buffet por 79 euros. Os interesados poden facer xa os seus reservas no teléfono 982 57 16 53, no propio establecemento ou no correo electrónico info@hotelviladoval.com.
Tal e como avanzou María Hermida, directora do hotel Vila do Val, “el menú que elaboraremos desde nuestro restaurante para San Valentín estará compuesto por: delicias variadas, canutillo de pastel de pescado, lomo de rape con panceta, crema de patata y brécol, trenza de solomillo de cerdo con champiñones picantes, coulant de chocolate con helado de mandarina y cóctel de los enamorados. Además, durante la cena realizaremos el sorteo de diferentes bonos-regalo”. O prezo por comensal da cea de San Valentín é de 29 euros. As primeiras cinco reservas terán o aloxamento gratuíto no hotel.
Paralelamente á cea de San Valentín, desde o hotel Vila do Val ofrecen tamén unha promoción de aloxamento porque, como explica María Hermida, “todos los días del año deberíamos recordarle a esa persona lo feliz que nos hace con su presencia, pero con esta oferta no hay excusas para no hacerlo”. Trátase dun pack promocional que inclúe: unha noite de aloxamento, detalle de benvida, decoración romántica na habitación, cea especial de San Valentín e almorzo buffet. O seu prezo é de 79 euros, aos que poderá sumárselle un suplemento de 35 euros por noite se os clientes deciden quedarse unha noite extra, tanto o venres 13, como o domingo 15.
Hermida anima “a todas las parejas que deseen pasar una noche o un fin de semana muy agradable y para recordar a que se acerquen a nuestra instalaciones y disfruten de nuestras propuestas para San Valentín”.