Burela, 15 de xaneiro de 2015. O vindeiro luns, 19 de xaneiro, ás oito da tarde no Concello terá lugar unha xuntanza da concelleira de Cultura, Mónica Pedre, e do alcalde, José Mª González Barcia, coas asociacións que se desexen participar na organización do Entroido.
Segundo Mónica Pedre “trátase da primeira xuntanza preparatoria do Entroido de 2015. Cantas máis asociacións e colectivos participen na organización desta cita mellor será para todos. A reunión está aberta a todo o mundo que se queira involucrar co Entroido”.
Pedre e González Barcia agardan “en poder deixar unha boa parte do programa do Entroido pechado nese encontro. Dito programa non debería diferir moito do que tivemos o ano pasado. Queremos organizar un Entroido digno para Burela e queremos contar coa maior participación posible”.