Foz, 16 de xaneiro de 2015. O concelleiro de Cultura de Foz, Ánxel Paleo Soto, fixo entrega na tarde deste xoves, 15 de xaneiro, dos premios outorgados nos certames infantís e xuvenís de Poesía e Postais de Nadal 2014, convocados pola Biblioteca Pública Municipal de Foz. O acto tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura e nela o concelleiro agasallou a cada un dos rapaces e rapazas premiados cun diploma e un lote de libros adecuado á súa idade.
Recordamos que os premiados no certame de Poesía de Nadal 2014 en Foz, que nas vindeiras semanas pasarán a participar na fase provincial deste mesmo certame en Lugo, foron:
NA CATEGORIA A:
Noa Fernández Corbelle – 6 anos
Elena Gago Rodríguez – 6 anos
Alberto Río Gavín – 8 anos
NA CATEGORIA B:
Andrea Rivas Chao – 11 anos
Salwa Choraifi Salmi – 10 anos
Lucía Rodríguez Lanza – 10 anos
Pola súa parte, os gañadores do XIII Concurso de Postais de Nadal 2014 foron:
NA CATEGORÍA INFANTIL A:
Alice Freixo Forés (6 anos)
Brais Sixto Blanco (3 anos)
NA CATEGORÍA INFANTIL B:
Mireya López Basanta (9 anos)
Miguel Fernández Cortés (10 anos)
Acessit: Guillermo Lestegás López (3 anos)
Accesit: Alberto Núñez Lago (6 anos)
NA CATEGORÍA XUVENIL:
Andrés Moreda Hermida (11 anos)
María Femenías Hermida (13 anos)