O rexedor contou que “hoxe mesmo vimos de facer unha visita ás que coñecemos como vivendas dos mestres no colexio de San Miguel. Hai tempo que lle pedimos a Educación que nos revertera a propiedade dese edificio porque non se estaba utilizando por parte de ningún profesor”.
Fuente Parga indicou: “e agora a través do obradoiro que temos compartido con Trabada e con Lourenzá puxémonos a mellorar o illamento, colocando ventás todas novas en madeira, e así ir arranxando esas vivendas para darlles utilidade. Trátase de seis vivendas, nunha delas está a vivir unha familia sen recursos, unha parella cunha filla, e o que imos facer é acondicionar todas esas vivendas para que lles poidamos dar uso en boas condicións a calquera que precise ou mesmo que poidan ser empregadas como albergue ou para calquera problema que poida haber”.
O alcalde de Barreiros engadiu que “xa estamos a pensar nun novo obradoiro para o ano que ven para seguir traballando no acondicionamento desas vivendas”.