Site icon Crónica3.com A Mariña

O Comité de Empresa de Alcoa en San Cibrao rexeita por terceira vez consecutiva o plan de igualdade proposto pola Dirección

Os motivos deste desacordo por parte dos representantes dos traballadores foron:

1º O nulo interese na confección dun Plan de Igualdade que contemple algunha variación positiva para a integración das mulleres no mundo laboral fora do que xa di a lei.

Como exemplo o feito de que sendo a vixencia dos planes anual sexa o terceiro nun prazo de cinco anos e para o caso os tres foron implantados unilateralmente pola Empresa.

2º O deseño excluínte dos postos de traballo para produción (onde as esixencias físicas, manexo de cargas, tempos de descanso etc…) limitan a presenza de mulleres, pese a ter sido reclamado nos estudos ergonómicos que os postos se deseñasen para protexer a homes e mulleres.

3º Non facilitar a conciliación da vida familiar, non recoñecendo o dereito dos traballadores a gozar do permiso de nacemento cando se solapa coas vacacións.

4º Equiparar as parellas de feito ao matrimonio para acollerse ao permiso correspondente.

Chega para por de manifesto a ineficacia do plan de igualdade, logo de seis anos de implantación unilateral por parte da dirección, o dato obxectivo da porcentaxe de mulleres na factoría que non chega ao 5% nun cadro de persoal de 1.031 persoas. Dato que se reduce a unha porcentaxe máis residual se nos referimos ás mulleres que traballan en produción (fóra dos traballos de oficina ou función directiva).

Comisión de Igualdade.

Exit mobile version