Site icon Crónica3.com A Mariña

“Madrugada de lágrimas”, cartel anunciador da Semana Santa de Viveiro 2015

“Madrugada de lágrimas” é o título da obra gañadora do Concurso de Carteis da Semana Santa de Viveiro 2015. Así o decidiu o xurado da Xunta de Cofradías este luns 19 de xaneiro.

Deste xeito, Juan López Jiménez (Linares) obterá un premio en metálico de 600 euros e a súa obra “Madrugada de lágrimas” converterase no cartel anunciador da Semana Santa de Viveiro 2015, declarada de Interese Turístico Internacional.

“Esta Cruz”, do viveirense José M. Paleo, foi destacada en segunda posición; polo que o seu autor obterá 400 euros. E os 200 euros do terceiro premio serán para outro veciño de Viveiro, Vicente Núñez García por “Piedad”.

Os premiados, entre 16 obras presentadas por autores de diferentes puntos da comarca, de toda a península e tamén de países como Holanda, mostraron a súa satisfacción tras serlles comunicado o resultado da valoración.

Entrega de premios
Os autores recollerán os seus respectivos premios, o día que a Xunta de Cofradías determine tamén para a presentación do Cartel.

Exit mobile version