Acia/CCA Foz entregoulle a Inmaculada Naray Lousas 300 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados ao longo das vindeiras semanas. Ela foi a persoa que cantou o bingo no segundo sorteo do Campañazo de xaneiro, que tivo lugar o pasado día 9. Inmaculada Naray recibiu o premio en Xoyma, que foi o local desde o que cantou o seu cartón. Nesta cita houbo outros premiados que tamén recibiron da man de Acia/CCA Foz os seus agasallos nas últimas horas. Mañá, venres, celebrarase ás 23 horas o terceiro sorteo do Campañazo do presente mes de xaneiro. En xogo estarán outros 300 euros, que serán para o primeiro que cante o bingo.