Site icon Crónica3.com A Mariña

El Refugio Tapería O Castro reabre o domingo con propostas especiais para San Valentín

taperia-castroBarreiros, 30 de xaneiro de 2015. El Refugio Tapería O Castro, de Barreiros, reabrirá as súas instalacións, logo das vacacións do persoal, este domingo, 1 de febreiro, e estará a disposición dos seus clientes durante os fins de semana (de venres a domingo) ata o 31 de maio. Durante a Semana Santa e a partir do un de xuño abrirá todos os días.

Para celebrar o Día dos Namorados, desde o venres 13 ao domingo 15 de febreiro, El Refugio Tapería O Castro ten preparada unha oferta moi especial, que inclúe cea, aloxamento e almorzo por 100 euros parella. E tamén é posible ir unicamente a cear o menú especial San Valentín cun prezo de 50 euros por parella. Está composto por suspiros de benvida con copa de cava, mousse de bogavante, cestiñas de ensalada da horta templada, medallóns de solombo en salsa de mango e curry, sobremesa especial San Valentín, sorbete de froita da paixón, viños Albariño e Rioja, café e licores. É necesario reservar previamente ata o día 12, xoves, e pode facerse chamando aos teléfonos 982.124.150 ou 652.055.703 e tamén a través do correo electrónico taperiaocastro@gmail.com.

En El Refugio Tapería O Castro a planta baixa está dedicada a cervexería, cafetería e restaurante, que ten unha terraza cuberta con espectaculares vistas ao mar. En total conta con capacidade para 180 comensais e os pratos da súa ampla carta que teñen máis aceptación entre os seus clientes son as tostas variadas, os chipiróns encebolados, o polbo en varias preparacións e os pasteis de bogavante e de cabracho. Todos os venres ofrece tapas especiais diferentes e ademais acolle distintos eventos á longo do ano, como actuacións musicais ou xornadas gastronómicas, entre outros.

O propietario do establecemento, Pablo García López, explicou que organiza diferentes actividades “para dar a conocer nuestras instalaciones y lo que ofrecemos, tanto a los vecinos de la comarca como a quienes visitan esta zona desde lugares muy diversos, que cada vez son más”.

O espazo destinado a aloxamento foi inaugurado en xullo do pasado ano 2014. Dispón de habitacións individuais, dobres e triplos, todas elas decoradas con espectaculares fotos da Costa lucense e que contan con terraza privada, ducha de hidromasaxe e aire acondicionado, entre outros servizos. Tamén ten unha suite, dotada con bañeira de hidromasaxe, dúas terrazas (unha con vistas ao mar e outra á montaña) e cama king size. Para acceder ao hotel dispón de ascensor e nas inmediacións do establecemento hai unha ampla zona para aparcamento.

El Refugio Tapería O Castro está situado en primeira liña de praia, concretamente en pleno paseo marítimo do areal de Fontela-Valea, formidable praia da parroquia de Benquerencia que nos últimos anos resultou galardoada coa bandeira azul todos os veráns.

Exit mobile version