Site icon Crónica3.com A Mariña

Concentración da CIG na defensa da industria do aluminio

A CIG convoca concentracións para mañá venres, 16 de xaneiro, nos concellos onde están situadas as empresas con grandes consumos enerxéticos, en demanda dunha Tarifa Eléctrica Galega que nos permita ter un prezo da enerxía máis baixo tanto para defender á industria grande ou cativa como para reducir os custes no consumo doméstico. Na Mariña a concentración farase as 19’00 diante da Casa do Concello de Xove.

Con estas concentracións dáse continuidade as mobilizacións realizadas o pasado día 18 de de-
cembro diante das industrias galegas con grandes consumos enerxéticos.

Sería un despropósito que algunha industria radicada en Galiza pechase ou se vise afectada negativamente polos altos prezos da electricidade, cando Somos produtores e exportadores de enerxía (no 2012 Galiza exportou o 40% da enerxía que produciu), pero non obtemos ningunha contraprestación positiva. Unha situación que cómpre mudar de xeito inmediato.

Por iso a CIG pretende abrir un debate político e social arredor da necesidade urxente de mudar o sis-
tema eléctrico e tarifario para acadarmos unha Tarifa Eléctrica galega que nos permita un prezo máis barato.

É mentira que a enerxía eléctrica sexa un ben calquera, suxeito as leis da oferta e da demanda pois no estado español a tarifa está chea de peaxes por decisións políticas que a inflaron: Perdas por transporte, axuda ao carbón español, moratoria nuclear, custes extrapeninsulares, primas renovables. Ademais o prezo é sempre o da planta coa tecnoloxía de produción máis cara en cada momento. Onde están aquí as leis do mercado?

Non se contemplan porén o custe que nos ten aos galegos o exceso de produción (Vales asolagados, expropiacións, contaminación das térmicas, biomasa, etc.) e que debera ter repercusións positivas no prezo da enerxía; e dicir nós debemos de ser solidarios aportando moito máis do que o estado nos devolve.

Por riba, temos que ver como o sistema de poxas aboca ao peche a nosa industria xerando que ano a ano se xoga a continuidade dos postos de trab allo dentro dunha cabina cun botón que pulsar nos dous minutos que dura a poxa. Sistema que impide os investimentos, fora de reparacións, imprescindibles para á modernización.

A electricidade é un ben básico e fundamental para a industrialización dun país e non un negocio de prexubilación de ministros.

Sección Sindical CIG Alcoa – San Cibrao

Exit mobile version