Burela acolle a presentación de “Quês e porquês do reintegracionismo”, coa presenza de Eduardo Sanches Maragoto, co-autor do libro. A cita será o venres 23 de xaneiro no C.S. Xebra! ás 20.00 horas organizada polo Colectivo Cultural Buril.
Por que escrevedes tam ‘raro’? É necessário ir a Portugal para aprender galego? Quem foi o primeiro reintegracionista? Umha naçom, umha língua? Era Castelao reintegracionista? Sou eu reintegracionista? Por que os portugueses nos falam em castelhano? Quais som os países de língua oficial portuguesa e como escrevem? A estas e moitas outras preguntas responde este libro, cun ton didáctico e descontraído pensado para a xente común, e non tanto para especialistas, que queira coñecer de primeira man os qués e por qués do reintegracionaismo.
O sábado 24 e o domingo 25 de xaneiro será a quenda dos máis pequenos; xa que o colectivo organiza un obradoiro de pintura mural para nenos e nenas de 7 anos en diante, coordinado por Rosana Míguez, licenciada en Belas Artes e titulada en Conservación e Restauración de Bens Culturais.
Esta actividade, que se desenvolverá entre as 11.00 e as 13.00 horas na praza de abastos, procura dar a coñecer o patrimonio histórico-artístico de Burela entre os máis pequenos e pequenas, ao tempo que pór en práctica as técnicas tradicionais da pintura mural e o temple.
A actividade ten un custo de 5 € para o público en xeral e será gratuíta para socios e socias do Buril. As persoas interesadas poden inscribirse nos teléfonos 666-737-595 ou no 616-995-013, ou se o prefiren a través do correo-e ccburil@gmail.com.