Mary Fraga, presidenta de Mujeres en Igualdad Burela, destaca a importancia que teñen os acordos adoptados polas asociacións de acción social como é Bumei con cadeas de alimentación como EROSKI CENTER, para conseguir chegar a un maior número de persoas necesitadas e poder cubrir así as súas necesidades máis básicas.
“Cando recibimos a noticia desta doazón todas saltamos de alegría felicitándonos unhas ás outras porque fomos conscientes nese momento, de que iamos levar a alegría a moitos fogares, aínda que soamente fose temporalmente. E todo grazas á solidariedade de EROSKI CENTER. Tampouco podemos esquecernos de todas esas persoas que están colaborando connosco nas campañas que vimos realizando, así como das que aportan o seu gran de area con pequenas achegas que depositan no noso local”, recoñece Mary Fraga.
Por iso, nesta ocasión, Mujeres en Igualdad Burela agradece a EROSKI CENTER esta doazón tan importante coa que colabora coas persoas máis necesitadas.